Alternativa de Cambre esixe actividades de igualdade con continuidade

IGUALDADE (1)

Alternativa de Cambre pide compromiso para que o Goberno municipal faga unha verdadeira loita con accións de impacto para a loita pola igualdade.  Actualmente o tema de igualdade está a ser tratado só de xeito transversal e puntual a través de diversas actividades, non dando unha continuidade ou estabilidade.

 

O pasado mes de febreiro Alternativa propuxo a posta en marcha dunha programación con obxectivos a longo prazo de actividades sobre esta temática, abordando  o tema para diferentes grupos de idades (principalmente a xuventude) e dende diferentes departamentos: xuventude, educación, servizos sociais, deportes…etc.

O goberno municipal aínda non deu resposta a pesar de ser un tema tratado na sesión plenaria.

Novas relacionadas