local74

Alternativa de Cambre denuncia as trabas do goberno para acceder á información pública

Alternativa denuncia que ten unha vintena de solicitudes presentadas por rexistro municipal sen contestar por parte do goberno municipal.

Dende o goberno municipal non se está a dar cumprimento dos prazos establecidos pola normativa para a contestación das solicitudes que chegan a través do rexistro municipal.

O sanguento tamén é que as demandas e solicitudes informativas non atendidas son aquelas con temáticas con máis controversia e polémica. Outras dáse a “entender” que hai certo escurantismo, cando o goberno municipal non contesta a pesar de reiterar as solicitudes de información durante meses.

Os orzamentos participativos, o aforro tras a apertura da nova biblioteca, licenzas do polideportivo de Anceis, permisos do vertedoiro de vehículos xunto o David Buján, facturas de provedores recorrentes, incidencias do Servizo de Axuda no Fogar,… son algunhas das cuestións nas que o goberno non permite o acceso á información.

Alternativa dos Veciños tomará as medidas precisas no caso de continuar sen recibir contestacións.

Novas relacionadas