Alternativa de Cambre denuncia a mordaza que supón os plenos telemáticos
Alternativa reclama retomar a presencialidade nos órganos municipais ao non garantir o correcto desenvolvemento das sesións en liña. Despois de que no día de onte, novamente, non se rematase a orde do día, quedando fora mocións, rogos e preguntas da oposición.
A pesar de que o pleno se alargou ata á medianoite na sesión coartouse, novamente, as demandas dos grupos da oposición.
É a terceira convocatoria que non da tempo a finalizar. Xa no mes de xaneiro houbo que convocar unha segunda sesión do pleno ordinario, quedando fora tamén as aportacións dos grupos da oposición.
Entre os problemas técnicos que provocan perdidas de sinal e son, xunto coa pouca operatividade do sistema, fai que as intervencións e réplicas non se poidan realizar e impiden un debate fluído, debate que tampouco se favorece dende a presidencia do pleno.
A prepotencia por parte do alcalde á hora de finalizar o pleno amosou unha falta de respecto pola oposición. E tamén o nerviosismo que causan as demandas que os grupos da oposición levamos ao pleno.