camb

Alternativa de Cambre demandou no pleno solucións para a circulación en rúa Balado

A rúa Balado situada en pleno centro Cambrés conta cun tráfico moi abundante e unha distribución do tráfico de vehículos ineficiente para o mesmo. Concretamente nesta ocasión solicitaremos solucións no cruce coa rúa Pablo Pintor Manzano. Cruce no que os vehículos que deben ceder o paso non contan con ningunha visibilidade á hora de facelo, invadindo a intersección.

“Invadir o cruce non pode ser o “modus operandi” para a circulación de esta zona tan transitada e en pleno centro da vila.” Matiza Raúl Varela, concelleiro de Alternativa de Cambre.

O Goberno municipal comprometeuse a estudar o asunto para darlle unha solución.

 

Novas relacionadas