Alternativa de Cambre demandará no pleno que o Concello impulse a cesión da Villa Florentina
Alternativa demandará no pleno que se impulse dende o Concello a cesión do inmoble dende a Deputación Provincial para unha xestión municipal. E poñer así a disposición da veciñanza cambresa os numerosos servizos cos que conta como a biblioteca, casa-museo, xardíns e as diversas instalacións.
Respectando con esta cesión os convenios de colaboración establecidos, como o anunciado entre a Deputación e a Fundación para regular a xestión compartida do inmoble na que a Deputación aportará 4000 euros para os gastos fixos de auga, luz, teléfono, etc.
“A sede da Fundación Fernández Flórez cunha boa xestión dende o Concello de Cambre ampliaría a oferta de servizos socioculturais da parroquia de Cecebre, pero tamén da veciñanza en xeral” matiza Raúl Varela Fraguío, voceiro de Alternativa de Cambre.