[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre demanda traballos de xardinería na pista deportiva de Meixigo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Veciños e veciñas da zona informaron sobre o abandono da mesma, contando cunha árbore caída e nulo mantemento da zona verde que a rodea.
A árbore caída afecta ademais a unha instalación eléctrica, que queda ao acceso de calquera, o cal pode resultar un perigo. Nas zonas axardinadas a herba practicamente cubre os bancos e tamén o acceso á pista.
A maiores Alternativa de Cambre propuxo mellorar a entrada as instalacións deportivas, posto que tamén está o campo de chave, xa que non resulta accesible para todas as persoas. Tamén solicitou a retirada do que parece lixo (unhas sillas rotas e un sofá).
-Nótase que os/as concelleiros/as que gobernan Cambre non fan moito traballo de a pé nas parroquias, porque non hai máis que saír e dar unha volta para detectar moitas deficiencias que farían a vida máis agradable á veciñanza e melloraría a cara das instalacións públicas- afirma Raúl Varela, concelleiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]