Alternativa de Cambre demanda novamente melloras no asfaltado de Bandebo
Veciños e veciñas de esta zona situada na parroquia de Brexo-Lema trasladaron o seu descontento polo estado do firme das estradas municipais da zona, unha vez maís.
As cesións de propiedades feitas ao Concello levan anos sen ser urbanizadas o que está facendo deteriorarse o asfaltado que xa existía previamente. Noutros puntos tamén hai pequenas fochancas que irán a máis se non se amañan a tempo.
Unha demanda que segue a chegar a este grupo municipal. A veciñanza da zona se queixa de que o Concello está informado da situación, pero son anos de espera a solucións.
“Xirada visita de comprobación, constátase que o camiño está en óptimas condicións para o seu uso” é a resposta dende o concello. Concepto “en perfecto estado” que difire moito da realidade.
Alternativa seguirá vixiante e presionando ao goberno municipal para que faga o seu traballo e saia da apatía e deixadez na que se atopa durante toda a lexislatura.