[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre demanda melloras para as pistas polideportivas do Temple
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Veciños e veciñas trasladan o seu malestar tras o anuncio das pistas deportivas nas que o Concello vai realizar mantementos, sen que se destine ningún investimento para as situadas Temple, cando as instalacións desta parroquia son das máis empregadas de todo o municipio. E ambas presentan mal estado e deterioro despois de anos sen mantementos.
Os mantementos son case nulos dende a súa instalación, polo que o firme presenta deterioro nas xuntas e gretas, as redes de portarías e canastras están en moi mal estado, os peches das instalacións tamén presentan deficiencias. Pouco máis que repintar as portarías e cambiar as redes foi o que se lles fixo nos últimos anos.
Alternativa dos Veciños traslada a demanda veciñal e esixirá na sesión plenaria que se proceda mantemento das pistas no presente ano.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]