Alternativa de Cambre demanda maior seguridade ante o deterioro das farolas públicas

fc

Alternativa de Cambre demanda maior seguridade ante o deterioro das farolas públicas

Gran número de luminarias teñen as tapas dos rexistros rotas, o que deixa ao alcance de calquera o mecanismo eléctrico, co risco que pode supoñer. Alternativa de Cambre demandou medidas que garantan a seguridade.

Mentres Cambre segue á espera das melloras de iluminación pública Led, anunciada xa hai máis dun ano, os mecanismos eléctricos das actuais quedan a intemperie.

A situación, denunciada hai xa un ano, séguese a repetir en zonas moi transitadas por viandantes e incluso en parques e zonas recreativas. Novamente a situación foi detectada nas visitas que Alternativa está a realizar polas parroquias, tralas protestas recibidas de diferentes veciños e veciñas.

Novas relacionadas