Alternativa de Cambre demanda maior responsabilidade co patrimonio municipal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre demanda maior responsabilidade co patrimonio municipal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ante as demandas dende Alternativa de limpeza e mantemento de diferentes bens municipais dende hai meses recibimos a mesma contestación dende o goberno municipal: que hai un prego en redacción para proceder á contratación do servizo. Motivo polo cal hoxe, xunto coa esixencia por escrito de mantemento e limpeza para a fonte de Lendoiro, en Cecebre, Alternativa tamén esixe responsabilidade na atención do patrimonio.

Alternativa está en total acordo coa redacción deste prego, pero tamén que non sirve de escusa para non asumir as competencias no coidado e protección do patrimonio municipal, mentres este se redacta e licita.

“Mentres o prego non chega, o Concello de Cambre ten que manter e limpar os seus bens, porque trátase dunha obriga, ademais dunha petición veciñal.” Afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!