FAROLA 700400

Alternativa de Cambre demanda garantías de seguridade ante o estado das farolas públicas

Gran número de farolas presenta un estado de deterioro importante coas tapas dos rexistros rotas, o que deixa ao alcance de calquera o mecanismo eléctrico e noutros casos cerradas simplemente con cinta.

Os mecanismos eléctricos quedan a intemperie ao estar abertas as cubertas dos mesmos e os que se atopan cerrados con cinta é unha solución temporal, pero que calquera persoa o pode retirar ou despegarse coa choiva.

A situación repítese en zonas moi transitadas por viandantes e incluso en zonas recreativas. Detectouse nas visitas que Alternativa está a realizar polas parroquias, parecendo inicialmente que eran situacións puntuais, ata que veciños e veciñas nos fixeron chegar tamén a súa protesta de diferentes puntos do municipio.

Polo que Alternativa de Cambre demandou a realización dunha avaliación desta situación para determinar medidas que garantan a seguridade, de ser precisas.

 

Novas relacionadas