Alternativa de Cambre demanda coñecer as previsións para a ampliación da rede de saneamento

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Cambre demanda coñecer as previsións para a ampliación da rede de saneamento

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Nas visitas polas parroquias, principalmente nas máis rurais, veciños e veciñas reclaman que non teñen acceso á rede de sumidoiros, con todos os prexuízos que lles causa non poder facer uso deste servizo público.

Unha situación máis habitual do que aparentemente parece nunha vila como Cambre. A realidade é que moitos núcleos residenciais continúan a depender de servizos privados para baleirar os pozos negros ou as fosas sépticas das que dependen ao non contar con rede de sumidoiro.

Alternativa demandou explicacións sobre cales son as previsións para a ampliación da rede de saneamento.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!