rotondas temple 700x400

Alternativa de Cambre demanda a elevación de pasos de peóns no Temple

Os veciños e veciñas do Temple presentaron a Alternativa de Cambre unha proposta de elevación de pasos de peóns nas rúas Estanque e Abeleira, para presentar no pleno de mañá e poñer solución á inseguridade viaria da zona.

A circulación de vehículos a altas velocidades, inadecuadas por estas rúas, de natureza comercial e residencial, é unha problemática de seguridade viaria coa que a veciñanza ten que convivir.

Veciños e veciñas da zona levan moito tempo achegando queixas por este motivo. No caso destas rúas de titularidade municipal o goberno non toma medidas, e no caso da Costa da Tapia culpa á Xunta de Galicia de non tomar medidas.

Alternativa aposta por esta solución que propón a veciñanza, que frearía as altas velocidades da zona e confía en que o goberno a teña en conta para mellorar a seguridade viaria da zona.

 

Novas relacionadas