Alternativa de Cambre cuestiona a situación do arquitecto municipal de Cambre
O concello de Cambre está a sacarlle atribucións e competencias ao arquitecto municipal titular que forma parte do cadro de persoal municipal. O arquitecto ademais está expulsado das dependencias de urbanismo nas antigas dependencias de xuventude. (OMIX)
O arquitecto titular emitiu informes negativos sobre actuacións urbanísticas de dubidosa legalidade que se estaban a realizar no municipio e foi apartado da redacción do Plan Xeral. Polo que, recorreu a denunciar aos tribunais a situación.
O modo no que o goberno municipal está a conseguir informes adaptados aos seus intereses especulativos, persoais e políticos é a través da contratación de persoal temporal.
Parece que non solo os grupos políticos que forman parte da oposición fan fronte as irregularidades da política urbanística que o goberno cambrés quere impoñer.
-As modificacións de normas subsidiarias están a substituír un Plan Xeral e iso non é unha xestión de futuro para o municipio, estase a favorecer ás promotoras e a especulación, non a veciñanza- afirma Raúl Varela.