Alternativa de Cambre cuestiona a provisión do posto de inspector-xefe da policía local
As bases desta convocatoria por libre designación foron publicadas o pasado 15 de abril, pero supostamente xa é recoñecido quen é a persoa que vai ocupar o posto, feito que é comentado dende hai algún tempo.
A posibilidade de poñer a dedo á persoa que exercerá de xefe ao parecer recaerá sobre un membro vinculado ao partido político Unión por Cambre. Algo que non facilitará aos actuais membros da policía local a promoción interna recollida no convenio laboral do persoal do Concello de Cambre. Coñecedores tanto das particularidades do municipio como das diferentes problemáticas existentes.
“O problema é que este non é un caso illado. As políticas de xestión de persoal que se están a aplicar en Cambre están a deixando o Concello sen moitos/as traballadores, que deciden marchar pola “estanqueza” profesional. Tamén hai os que se atopan en condicións laborais precarias, como é o exemplo do Arquitecto Municipal. E un porcentaxe moi alto afectados/as por unha RPT totalmente desactualizada”. Afirma Raúl Varela Voceiro e Concelleiro de Alternativa.