Alternativa de Cambre critica que o Goberno local presente tarde a Conta Xeral do Concello
O Goberno cambrés vai tarde, unha vez máis. Alternativa dos Veciños denuncia novamente que o Goberno municipal sempre chega tarde aos prazos, convocando un pleno para aprobar a conta Xeral cando xa tería que celebrarse antes do 1 de outubro, segundo o propio informe do interventor. Hoxe é isto, mañá serán os orzamentos e outro día calquera outra cousa.