Diseño sin título

Alternativa de Cambre critica as políticas culturais que se aplican no municipio

As políticas culturais en Cambre están máis apagadas que nunca, empezando por unha casa da cultura pechada, bibliotecas sen fondo bibliográfico renovado e escaseza de planificación nas alternativas culturais que se está a ofrecer para a veciñanza.

Alternativa votou a favor no pleno ordinario de marzo das bases para o Certame Literario Xoán Díaz, xa que é unha gran iniciativa para impulsar a creación literaria entre a xuventude.

Pero deixou en manifesto a súa desconformidade cunhas inversións en iniciativas culturais que non é equilibrada: 1142 euros para o impulso da creación literaria da mocidade, cando fai un mes invertéronse 3000 euros nun concurso de disfraces en liña, a mesma cantidade que cando se celebra do xeito tradicional con comparsas, carrozas, etc.

Cales son os obxectivos das políticas culturais que se están a aplicar en Cambre?

Novas relacionadas