Alternativa de Cambre critica ás declaracións do alcalde cambrés para defender o urbanismo especulativo
Alternativa de Cambre ve un cúmulo de escusas nas declaracións de Oscar Patiño nos medios de comunicación respecto tras declarar como pola denuncia interposta, dende o Concello de Cambre, ao presidente do partido, Ángel García Seoane.
É complexo defender o gasto duns 6000 euros de cartos públicos, cunha contratación irregular, para pagar unha liorta persoal e política do alcalde de Cambre contra o presidente da Alternativa.
Motivo polo cal o señor Patiño intenta levar o tema pola protección do bo facer do persoal técnico municipal porque non hai outros argumentos. A Alternativa polo que loita e seguira a loitar é pola nefasta xestión do urbanismo que se está a facer e o pouco interese na redacción do Plan Xeral despois de 6 anos gobernando. “Recalificar terreos modificando as normas subsidiarias nunha zona tan poboada como é O Temple para facer “mamotretos” e unha zona comercial, é favorecer a especulación non á veciñanza. É un “ti vai facendo” mentres o Plan Xeral non poña o freo”, afirma Raúl Varela.
Ditas actuacións urbanísticas que se pretenden no Graxal son tamén unha das emendas a facer no borrador do Plan Xeral tras o informe negativo da Xunta de Galicia.