Alternativa de Cambre clama atención para as Casas Bailly
Alternativa dos Veciños de Cambre se preguntou onde está patrimonio da Xunta ante a ruína inminente que presentan as Casas Bailly.
Invadidas totalmente pola maleza e ata crecendo pinos sobre a planta superior, estas casas levan máis de 20 anos e o paso do tempo está a arruinar totalmente estes edificios.
O Concello de Cambre é o propietario de ambas edificacións adquiridas a través dun convenio hai máis de 20 anos. Máis o goberno municipal non move un solo dedo para a súa recuperación ou evitar máis a súa degradación.
Iso si, firman un novo convenio e coa desculpa de rehabilitar estas casas, danlle maior volume urbanístico a unha futura urbanización nesa entorna.
Alternativa dos veciños demanda que non hai escusa para a eliminación dos “plumachos”, o lixo acumulado ou a limpeza da maleza.