Alternativa celebra que as beirarrúas da Xira están máis cerca
O incumprimento por parte do Goberno municipal de Cambre de poñer a disposición da Xunta de Galicia os terreos para a realización de beirarrúas na Xira, segundo acordos tomados no seu día co citado organismo, impediu que as obras que financiaba a Xunta non se puideran realizar. Dende Alternativa dos Veciños celebramos que, neste caso, a Xunta asuma a expropiación dos terreos para facer realidade unha obra tan necesaria no lugar da Xira.
Con algarabías e incumprimento de acordos malamente podemos ver cumpridas as necesidades da veciñanza.