Alternativa de Cambre celebrará asembleas informativas abertas en todas as parroquias
Alternativa dos Veciños de Cambre seguirá visitando as parroquias e iniciar unha rolda de asambleas abertas para coñecer as demandas e necesidades da veciñanza.
A celebración destas asembleas foi un dos compromisos adquiridos na pasada campaña electoral, pero que non se puideron convocar con anterioridade como consecuencia da pandemia provocada polo covid. Agora que a situación sanitaria comeza a mellorar é bo momento para celebrar reunións con maior número de participantes.
Dende Alternativa dos Veciños de Cambre seguiremos percorrendo as parroquias para propoñer melloras e dar traslado das queixas da veciñais. Entendendo como primordial estar na rúa para coñecer de primeira man as necesidades da nosa veciñanza.