700800

Alternativa de Cambre agarda que o Concello continúe coas melloras noutras obras do Temple

Dias despois de que Alternativa dos Veciños realizase unha campaña nas redes sociais de denuncia das graves deficiencias que presentan varias obras no Temple, o Concello de Cambre obriga á empresa adxudicataria a repetir a obra de mellora da pavimentación do Paseo Marítimo do Temple.

A principio deste mes, dando voz a veciñanza da zona, Alternativa de Cambre trasladou o descontento polos acabados das obras de reorganización do Temple. A denuncia parece axudou a impulsar unha revisión por parte dos técnicos municipais que tamén detectaron deficiencias que agora a empresa terá que subsanar.

Esperemos este non sexa un exemplo puntual e se leve tamén ás melloras das actuacións feitas tanto noutras rúas como na Barcala e Cambre.

Novas relacionadas