[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Cambre achega a queixa veciñal ante o abandono das beirarrúas no centro de Cambre
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Veciños e veciñas da parroquia de Cambre laméntanse do deterioro ocasionado pola antigüidade das beirarrúas do centro da vila.
A pesar de que o goberno municipal está a reorganizar a contorna do Concello, aínda hai un diferentes tramos de beirarrúas que teñen o firme de hai máis de 20 anos, polo que presentan roturas, gretas e fisuras que xa foron motivo de incidentes en peóns.
A veciñanza trasladou diversas queixas ao Concello, pero a previsión de mantemento non parece estar preto. Motivo polo cal, Alternativa dos Veciños demandará accións para mellorar as beirarrúas da capital da vila.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]