Alternativa de Bergondo propón ampliar o servizo da Policía Local

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Bergondo propón ampliar o servizo da Policía Local

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Bergondo vai presentar no próximo pleno municipal unha moción para que o Concello amplíe os horarios de prestación de servizos da Policía Local de Bergondo. Dita ampliación, nunha primeira fase, consistirá en contar co servizo todos os días do ano, en horario diúrno.

Alternativa dos Veciños pretende que o Concello inicie de inmediato todos os trámites ou procedementos que sexan precisos para lograr a materialización efectiva dese obxectivo o antes posible.

Alternativa considera esencial que o servizo de Policía Local amplíe horarios con relación ao que dende fai tempo ven sendo o habitual. Entre outras moitas cuestións, a pandemia -da que resulta evidente que aínda non saímos-, puxo de manifesto a necesidade de contar cun servizo de policía dispoñible os 365 días do ano.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!