Alternativa de Bergondo pide á Xunta que se implique na resolución dos problemas do transporte en autobús

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Bergondo pide á Xunta que se implique na resolución dos problemas do transporte en autobús

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Bergondo considera que a conselleira Ethel Vázquez, responsable máxima nesta área competencial, debe tomar as rendas da cuestión e poñer freo ao descontrol e incumprimentos da empresa concesionaria do servizo.

Alternativa dos Veciños de Bergondo quere desligar esta reclamación de calquera veleidade de índole partidista ou mesmo electoralista. As distintas liñas de bus atravesan concellos gobernados por uns ou por outros. Xa que logo, e ao noso entender, equivócase por completo calquera que alce a voz para queixarse buscando rédito político da queixa ou quen, dende a outra banda, se defenda desas queixas amparándose en supostas campañas de desgaste político. O certo é que hai un problema e entre todos debemos solucionalo. O certo e verdade -a triste realidade- é que existe un empeoramento claro no servizo de transporte público por estrada dun tempo a esta parte. O certo e verdade é que, en liñas fundamentais para a veciñanza de Bergondo, coma por exemplo a de Ferrol-Coruña, tense dado unha importante redución das frecuencias. E o certo e verdade, tamén, é que os incumprimentos de horarios, a críptica información sobre os mesmos ou o enrevesado camiño para acceder a ela están arruinando o servizo e desincentivando o uso do transporte público por estrada.

Que propoñemos para darlle a volta a esta situación? Que por parte da Conselleira se dean as ordes oportunas para a revisión a fondo (mediante auditoría) do servizo de transporte público por autobús nas liñas que percorren as áreas de Ferrol, Betanzos e A Coruña. No caso de constatarse os incumprimentos que a veciñanza ven denunciando de modo reiterado se proceda con contundencia contra a empresa concesionaria do servizo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!