[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Bergondo presenta mocións ao pleno en defensa da vía Ártabra e reclamando melloras no transporte
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Bergondo formulará ante o pleno municipal a preocupación pola situación actual do transporte por autobús, propoñendo medidas concretas de actuación. Tamén pedirá o aval do pleno para instar á Xunta a que siga adiante coa vía Ártabra.
Nunha das mocións solicítase á conselleira de Mobilidade da Xunta de Galicia que revise exhaustivamente o servizo actual de bus na comarca e se depuren os incumprimentos de horarios e de frecuencias que a veciñanza dos concellos afectados está a padecer. Nunha segunda vertente da mesma moción solicítase á alcaldesa de Bergondo que se implique moito máis na busca de solucións ao problema e tente artellar unha mesa de traballo sobre o particular cos outros gobernos locais da bisbarra.
A segunda das mocións aborda a petición á Xunta de Galicia para que axilice no posible a nova tramitación necesaria para poder continuar e rematar coa vía Ártabra, trala recente resolución xudicial, derivada da actitude obstrucionista do Goberno de Cambre.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]