Alternativa leva a pleno as demandas e propostas dos taxistas de Bergondo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa leva a pleno as demandas e propostas dos taxistas de Bergondo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Os puntos que se expresan no texto da moción foron acordados entre representantes de Alternativa e os taxistas de Bergondo.

Froito da reunión de traballo mantida por representantes de Alternativa dos Veciños (con Juan Fariña á cabeza) e varios profesionais do taxi en Bergondo, xorde o texto dunha moción e unha serie de puntos da mesma que serán levados ao pleno municipal da vindeira semana. Alternativa toma esta decisión en base a algo para nós evidente; “O taxi, nun municipio coma o noso, xoga un papel marcadamente social, amén da súa actividade netamente comercial ou económica. Non deberíamos perder de vista esa circunstancia á hora de abordar todo aquilo que dende o sector se nos traslada ou solicita.”, afirma Fariña.

En canto ao contido propiamente dito da moción, achéganse unha serie de solicitudes do sector conducentes á mellora das súas condicións de traballo na parada de Guísamo, e á visibilidade do propio servizo entre a poboación do noso municipio. Pero ademais, dende A.V queremos destacar sobremaneira a proposta que fan os propios taxistas para a creación dun bonotaxi para persoas maiores, xente con mobilidade reducida, sen parentes próximos etc, para facilitarlles a realización de certas xestións como achegarse ao centro médico, o concello, as compras…). Por outra parte, tamén nos sumamos á proposta que lanzan para que se estude por parte do concello solicitar a creación da área de prestación conxunta dos municipios da mancomunidade, conforme á lei do taxi de Galicia. Por último citaremos unha cuestión que nos preocupa, dada a mala imaxe que estamos a transmitir coma concello. Referímonos ao lamentable estado da parada de Guísamo como consecuencia dun accidente de tráfico sucedido hai xa moitos meses. Entendemos que a colaboración entre taxistas e concello podería acelerar a resolución de algo que está a chamar a atención tanto de propios coma de estraños.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!