[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Bergondo denuncia o abandono total dunha céntrica parcela por parte de Naturgy
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Juan Fariña, concelleiro de infraestruturas, urbanismo e medio ambiente, afirma que se lle está acabando a paciencia en relación con este asunto e adianta a posibilidade de sancionar con dureza á compañía se esta persiste na súa desidia.
A parcela en cuestión ocupa 36 metros cadrados, a carón de varios negocios de hostalería e alimentación, xunto á coñecida popularmente coma rotonda de “Os Condes”. Nese terreo existía, ata hai uns anos, un transformador eléctrico de Fenosa (agora Naturgy). A parcela está pechada con rede metálica e postes, mais as súas condicións de mantemento son -habitualmente, e como agora mesmo- deplorables: Maleza; fundamentalmente “plumacho”, a cal xera molestias notables aos negocios da zona cando é a época de floración desta especie invasora e prohibida. Ratas de importante tamaño; que teñen os seus tobos feitos nese pequeno terreo. Abandono; unha imaxe lamentable nun lugar moi céntrico.
Ao longo destes anos o Concello de Bergondo ten requerido a limpeza da mesma en reiteradas ocasións. Ata este ano Naturgy ten atendido eses requerimentos, aínda cando fose case sempre tarde. Mais agora nin iso, e téñase en conta que o último requerimento do concello data do 25 de marzo deste ano. Nel expoñíase o problema e propoñíase unha solución permanente tan sumamente sinxela e barata como sería o formigonado de tan minúscula parcela. Cabe sinalar que o concello mesmo lle propuxera hai un tempo a Naturgy facerse cargo da parcela aceptando a cesión da mesma. Nunca obtivemos resposta. En definitiva, Naturgy non limpa a parcela, tampouco a acondiciona para non ter que limpala, nin tampouco a cede ao concello para que este se faga cargo dela e a poida empregar coma un pequeno equipamento público. En definitiva, desidia polo mantemento do propio e desprezo pola veciñanza e negocios da zona.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]