Alternativa de Bergondo demanda á Deputación melloras en estradas e no Pazo de Mariñán

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Bergondo demanda á Deputación melloras en estradas e no Pazo de Mariñán

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Bergondo vai presentar no próximo pleno municipal unha moción para demandar á Deputación da Coruña a pavimentación completa da estrada A Fraga a Casal de Santa Marta e da estrada Carrio ao Casal de Santa Marta de Babío e a instalación dunha pasarela de madeira que bordee todo o perímetro da muro de peche do Pazo de Mariñán.

No caso das demandas nas estradas provinciais de Bergondo, trátanse de propostas “de mínimos”. Mais se a Deputación Provincial ten previsto ou está aberta a estudar proxectos máis ambiciosos, como é obvio, Alternativa dos Veciños estaría plenamente de acordo con esa pretensión.

En relación ao Pazo de Mariñán, coa proposta de pasarela perimetral, ademais de conseguirse un paso peonil seguro, nunha zona onde a estrada non ofrece suficientes garantías, lograríase ademais habilitar un dos paseos peonís máis fermosos de Bergondo e de toda a provincia.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!