Alternativa de Bergondo convida a outros bancos a encher o baleiro que deixará o Santander en Guísamo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Bergondo convida a outros bancos a encher o baleiro que deixará o Santander en Guísamo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Bergondo convida a calquera entidade bancaria que poida estar interesada a que estude a posibilidade de encher o oco que o Banco Santander vai deixar en Guísamo. Entendemos que a pesar da pouca ou nula predisposición que amosan hoxe as entidades bancarias para a apertura de novas sucursais tamén cremos que Bergondo -e particularmente Guísamo- ten o suficiente músculo económico como para manter aberta unha sucursal bancaria en Guísamo. Situación que ten sido así dende onde alcanza a memoria e ata a actualidade. A isto súmase o feito de que moitos clientes do Santander xa teñen manifestado a súa intención de cancelar as súas contas co banco que abandona Guísamo e, xa que logo, son potenciais clientes doutras entidades financeiras proclives a ter máis en conta as necesidades das persoas.

Por outra banda, dende Alternativa dos Veciños, queremos animar á veciñanza a participar nunha nova protesta convocada para o vindeiro venres 23 de abril. Non só para manifestar contrariedade coa decisión adoptada polo banco da Sra. Botín, senón tamén para amosar o apoio cos traballadores e traballadores da sucursal.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!