a1

Alternativa de Arteixo volve solicitar unha campaña de promoción do comercio local

Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar ao equipo de goberno que poña en marcha unha campaña de promoción do comercio local para axudar a reactivar a economía do municipio.

Hai máis de dous meses que solicitabamos que se puxese en marcha unha campaña de promoción do comercio local, pero como é habitual, o equipo de goberno non mostrou ningún interese e seguiu instalado no pasotismo e o deixamento. Agora, desde o equipo de goberno recoñecen que é necesario adoptar medidas para incentivar o consumo a nivel local.

Esta campaña debe ir dirixida á dinamización do comercio arteixán, ao seu relanzamento tras o peche que a necesidade de frear a propagación do coronavirus lles impuxo, facer un chamamento de apoio de todo Arteixo ao sector, que máis que nunca necesita a nosa implicación e a nosa axuda para que invistamos no noso municipio.

Para levar a cabo estas campañas de dinamización non é necesario facer grandes investimentos, simplemente hai que saber sacarlle rendemento aos medios dos que dispoñemos e, por suposto, contar cos comerciantes para desenvolvelo en coordinación e que sexan efectivas.

Novas relacionadas