Alternativa de Arteixo volve denunciar a actitude despectiva do alcalde

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa dos Veciños

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo denuncia as malas formas e actitudes que utiliza o alcalde Carlos Calvelo, que se repiten tanto cando se refire aos adversarios políticos como á veciñanza que defenden os seus dereitos e intereses. No último pleno da Deputación, onde o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, forma parte da corporación como deputado do Partido Popular e onde Alternativa dos Veciños tamén conta cun representante, Ángel García Seoane, o Sr. Calvelo volveu mostrar as súas peores formas e actitudes na intervención que realizou en relación a moción presentada por Alternativa dos Veciños sobre a venda da parcelas onde se sitúa o Campo de Fútbol de Oseiro, as cales pretende vender o Goberno Municipal de Arteixo.

“A cidadanía de Arteixo xa está cansa das malas formas e actitudes que utiliza o alcalde de Arteixo para expresarse. Xa é habitual ver como o Sr. Calvelo perde por completo os papeis” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“O Goberno Municipal de Arteixo, que preside o Sr. Calvelo, estaba afeito facer e desfacer sen que ninguén exercese ningún tipo de control e fiscalización, e é por iso, que desde a implantación de Alternativa no municipio de Arteixo e atendendo ao traballo que realizamos, o equipo de Goberno está nun estado de nerviosismo permanente. Alternativa non é a culpable de que o Sr. Calvelo se deixe guiar polas malas influencias, que lle provocan a diario tomar decisións que raian na ilegalidade. Alternativa, desde a oposición, debe velar polo cumprimento da lei e defender os intereses do municipio de Arteixo e os seus veciños” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!