Alternativa de Arteixo solicita que o Concello reclame a Costas a cesión do Porto de Sorrizo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita que o Concello reclame a Costas a cesión do Porto de Sorrizo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo presentou unha solicitude acompañada de decenas de firmas da veciñanza para demandarlle ao Goberno Municipal que solicite a Demarcación de Costas a concesión do Porto de Sorrizo, para que o Concello de Arteixo poida arranxalo, mantelo e conservalo. Alternativa xa presentara unha solicitude o pasado mes de xaneiro demandándolle ao Goberno Municipal que solicitase a Demarcación de Costas a concesión do Porto de Sorrizo, xa que nunha solicitude presentada previamente a Demarcación de costa para que procedese a realizar traballos de mellora e mantemento no citado porto, esta desentendeuse totalmente, incluso sabendo que o seu actual estado supón un risco para as vidas humanas.

Ata a data non se coñece ningunha xestión realizada polo Concello de Arteixo, e é por iso, que Alternativa dos Veciños e a veciñanza de Sorrizo volven demandar ao Goberno Municipal que solicite a Demarcación de Costas a concesión do Porto de Sorrizo, para que o Concello de Arteixo poida arranxalo, mantelo e conservalo.

“Se Demarcación de Costas se desentende totalmente do mantemento e conservación do Porto de Sorrizo, pois entón debe ser o concello o que solicite unha concesión para que o podamos manter e conservar” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Debemos incidir na importancia de conservar e manter o noso patrimonio natural. O Porto de Sorrizo, que xunto ao de Suevos, son os dous únicos portos naturais do municipio. Un porto moi frecuentado polos afeccionados á pesca, tanto con lancha, pesca submarina ou con cana. Un recanto natural único que debemos conservar” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!