Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno que esixa responsabilidades á empresa do Servizo de Axuda no Fogar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno que esixa responsabilidades á empresa do Servizo de Axuda no Fogar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de Goberno que esixa responsabilidades á empresa concesionario do Servizo de Axuda no Fogar xa que as traballadoras non poden seguir na situación actual.

Alternativa dos Veciños xa avisou ao concello que controlase á empresa concesionaria que presta o Servizo de Axuda no Fogar, despois de que esta solicitase un ERTE retroactivo sen previa negociación. Pero como é habitual, o equipo de Goberno mostrou un total desinterese pola situación na que quedaban as traballadoras. A solicitude deste ERTE púidose evitar se empresa e concello tivesen unha boa comunicación, estudasen a situación e buscasen alternativas. Agora, as traballadoras están sufrindo unha delicada situación onde seguen sen cobrar o ERTE que a concesionaria aplicou en maio de forma retroactiva por causa de non entregar correctamente a documentación correspondente, sofren atrasos na parte que lle corresponde abonar á empresa e tamén a falta de pagamento da paga extra.

Por iso, Alternativa solicita ao equipo de goberno que actúe de inmediato e esixa responsabilidades á empresa concesionaria, xa que as traballadoras xa non poden seguir soportando a actual situación. De non buscar unha solución canto antes o servizo veríase afectado.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!