Alternativa de Arteixo solicita unha reunión coa presidenta de Rede Eléctrica para tratar a eliminación da alta tensión de Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita unha reunión coa presidenta de Rede Eléctrica para tratar a eliminación da alta tensión de Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita unha reunión coa presidenta de Rede Eléctrica de España, Beatriz Corredor Sierra, para tratar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar, xa que a moción sobre este asunto que foi debatida pola corporación municipal no pleno ordinario de setembro, non serviu para avanzar en nada e poñer solución dunha vez a este grave problema.

Alternativa dos Veciños levaba dous anos solicitando que e tratase no pleno o asunto da eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar, en Oseiro. Pois non foi ata o pasado xoves, no pleno ordinario de setembro, cando o BNG presentou unha moción para debater este asunto.

A excepción do concelleiro non adscrito, o único que acordaron os demais grupos que forman a corporación municipal, foi a creación dunha mesa de traballo onde estean representados o Concello de Arteixo, a Xunta de Galicia e Rede Eléctrica de España.

“O que non se pode permitir, é que despois de máis de trinta anos que levan os veciños e veciñas de Sol y Mar sufrindo oe efectos das radiacións, se debata este asunto tan grave no pleno municipal e o único que se acorde sexa a creación dunha mesa de traballo. O que deberían solicitar todas as formacións ao equipo de goberno, é que se faga co solo necesario e se poña ao dispor da Xunta de Galicia dunha vez por todas. Todo o que non sexa isto é un engano e unha parafernalia como tantas outras que se aproban nos plenos e logo non se volve a saber nada máis ao respecto.

Entendemos que despois de máis de 30 anos de enganos por parte do goberno de turno, xa é hora de poñer solución a este grave problema que afecta á saúde e calidade de vida de máis de 500 familias que reside en Sol e Mar” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Doutra banda, parécenos incrible que un concelleiro vote en contra de calquera proposta que busque solucionar este grave problema, e máis aínda, que diga que o fai xa que sabe que Alternativa dos Veciños está a traballar para conseguir que se solucione este problema, e que por iso non pode votar a favor. É un escándalo sen precedentes, un insulto e unha falta de respecto a toda a veciñanza de Sol y Mar e tamén de Arteixo” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!