Alternativa de Arteixo solicita unha reunión coa Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita unha reunión coa Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita unha reunión coa Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia, para tratar a eliminación das liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar e para demandar que se arquive o proxecto que pretende a instalación dunha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Morás

Alternativa dos Veciños leva moitos meses traballando intensamente e demandado ás diferentes administracións que realicen as xestións pertinentes para eliminar as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol y Mar en Oseiro, e que executen a actuación con cargo aos fondos europeos que vai recibir a comunidade autónoma con motivo do covid.

Tamén, Alternativa está a loitar para que non leve a cabo o proxecto promovido pola empresa Eólicos Breogán, administrada agora por Acciona Corporación SL, xa que prexudicaría gravemente o medio ambiente do municipio de Arteixo, prexudicaría centos de propiedades e deixaría a numerosas vivendas expostas a radiacións.

“Unha parte do diñeiro que vai recibir a nosa comunidade autónoma debe ser utilizado para soterrar as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol e Mar, xa que estes veciños e veciñas levan máis

de tres décadas sufrindo os efectos das radiacións na súa saúde e calidade de vida. Estes tendidos deben saír do medio da urbanización dunha vez por todas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.
“Xa avisamos ás diferentes administracións de que se non realizan as xestións para eliminar as liñas de alta tensión da Urbanización Sol e Mar, verémonos obrigados a tomar outras medidas, xa que non permitiremos que se siga xogando coa saúde das persoas. Tamén deixamos claro, que non permitiremos que se instale ningunha liña de alta tensión que prexudique o medio ambiente, a saúde e as propiedades. O proxecto promovido pola empresa Eólicos Breogán é unha falcatruada, e esta amparado polo Concello de Arteixo e a Xunta de Galicia, para que unha empresa privada póidase beneficiar” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!