Alternativa de Arteixo solicita unha reunión á Consellería de Educación polo acoso no CEIP Ponte dos Brozos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita unha reunión á Consellería de Educación polo acoso no CEIP Ponte dos Brozos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicítalle unha reunión ao xefe territorial de educación da Coruña, Indalecio Cabana Leira, para tratar o caso de acoso que leva sufrindo durante anos unha alumna do CEIP Ponte dos Brozos.

Unha alumna do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo leva sufrindo durante varios anos acoso escolar por parte dun grupo de alumnos/as deste mesmo colexio e, principalmente por parte dunha compañeira da súa aula.

A alumna, leva sendo agredida durante máis de catro anos física e psiquicamente de maneira reiterada, unha situación que lle provocou e provoca graves problemas na súa saúde e calidade de vida. Uns problemas, que por suposto, tamén afectan o desenvolvemento da súa formación académica.

Esta situación foi tratada en numerosas ocasións polos pais da alumna coa dirección do CEIP Ponte dos Brozos, pero finalmente nunca se consegue unha solución que resolva definitivamente esta grave situación prolongada no tempo e que mentres tanto mingua a saúde, a calidade de vida e a formación da menor.

Por iso, despois de atender e escoitar as explicacións duns pais desesperados que buscan unha saída para a grave situación que vén sufrindo a súa filla, que mesmo estivo e está a provocar graves prexuízos na saúde da menor, solicitamos unha reunión co xefe territorial de Educación, co obxectivo de buscar e atopar solución a este asunto tan delicado e de extrema gravidade.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!