Alternativa de Arteixo solicita ao Concello a creación dun servizo de voluntariado para axudar a persoas dependentes

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita ao Concello a creación dun servizo de voluntariado para axudar a persoas dependentes

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que poña en marcha urxentemente un servizo de voluntariado para axudar a persoas dependentes durante esta crise de emerxencia sanitaria provocada polo virus Covid-19. Mentres dure esta situación é primordial poñer en marcha medidas para prestar axuda a aqueles colectivos máis vulnerables.

Nesta situación complexa e excepcional que estamos a vivir, a sociedade está a volver a demostrar a súa solidariedade con aqueles que máis o necesitan e que peor o están pasando, pero, para que estas iniciativas solidarias se poidan desenvolver con todas as garantías e medidas de seguridade é fundamental unha xestión e coordinación por parte da administración local. Por iso, Alternativa dos Veciños esixe que se adopten medidas canto antes.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!