[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños solicita a reapertura e melloras no skatepark de Arteixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que execute melloras no skatepark e que o volva a abrir ao público. O skatepark de Arteixo necesitan actuacións urxentemente, antes de que suceda algunha desgraza que despois teñamos que lamentar.
Os deportistas reclaman melloras na pista xa que é moi rugosa e así non poden patinar adecuadamente. O skatepark tamén presenta varios imperfectos nas ramplas o cal dificulta esta práctica.
O problema máis grave e que máis dificulta aos deportistas chega do parque de calistenia que ten situado á beira. Un parque de calistenia cun recheo de grava e pegado a un skatepark. Parece surrealista pero é real.
Esta grava que loxicamente salta con facilidade do parque de calistenia para a pista de skatepark é un autentico perigo para os deportistas, xa que estas pedras enganchan nas rodas provocándolles perigosas caídas.
Solicitamos ao Goberno de Arteixo que solucione urxentemente estes problemas e que reabra a pista para que os usuarios poidan volver gozar coa práctica deste deporte.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]