Alternativa de Arteixo solicita que o Concello demande á Xunta de Galicia o arquivo do proxecto de alta tensión entre Monteagudo e Morás

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita que o Concello demande á Xunta de Galicia o arquivo do proxecto de alta tensión entre Monteagudo e Morás

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicítalle ao goberno municipal que deixe de desviar a atención e que solicite á Xunta de Galicia que se arquive o proxecto promovido pola a empresa Eólicos Breogán de instalación dunha liña de alta tensión do parque eólico de Monteagudo ao polígono de Morás, xa que é un ataque contra o medio ambiente natural do municipio de Arteixo e tamén deixaría a numerosas vivendas expostas a radiacións.

O proxecto de instalación dunha liña de alta tensión desde o parque eólico de Monteagudo ata o novo polígono de Morás, promovido pola empresa Eólicos Breogán SL, suma uns 15 quilómetros de tendido eléctrico, nos que só un quilómetro iría soterrado. Destes quince quilómetros de tendido eléctrico de alta tensión, máis de trece quilómetros atravesan o territorio de Arteixo, afectando gravemente ás parroquias de Sorrizo, Chamín, Barrañán, Armentón, Lañas, Loureda e Morás. A propósito de todos os prexuízos que conleva a instalación desta liña de alta tensión, A Xunta de Galicia aproba este proxecto para que unha empresa privada se poida lucrar.

“Alternativa dos veciños pídelle o alcalde de Arteixo que deixe de facerse o indignado nos medios de comunicación e de transmitir falsas negociacións coa empresa que tramita o proxecto para calmar os ánimos dos afectados, e que vaia Santiago á Xunta de Galicia a esixirlle aos seus compañeiros de partido que se paralice este proxecto, xa que é un ataque ao municipio de Arteixo e aos seus veciños” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“As liñas aéreas de alta tensión prexudican gravemente a saúde, o medio ambiente e as propiedades atravesadas. O alcalde Carlos Calvelo e o seu equipo de goberno deben deixar o paripé e actuar dunha vez para paralizar esta atrocidade.” matiza Juanfran Martínez.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!