dep

Alternativa de Arteixo solicita un plan para a recuperación e normalización do sector deportivo

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que poña en marcha un plan para a recuperación e normalización do sector deportivo. Para poñer en marcha esta iniciativa é imprescindible contar e traballar cos sectores municipais, educativos, empresariais, federativos e do resto de axentes deportivos arteixáns que forman parte do ámbito da actividade física e deportiva do municipio, para elaborar un plan conxunto e coordinado.

A crise de emerxencia sanitaria provocada polo Covid-19, tamén provocou un forte impacto no sector deportivo coa suspensión de todas as competicións. Por iso, co inicio da desescalada é imprescindible e necesario poñer en marcha un plan de recuperación e normalización do sector deportivo.

Tampouco debemos esquecer que a práctica deportiva é fundamental para a saúde e o benestar das persoas, e por este motivo, débense buscar formulas para ir normalizando a actividade deportiva.

Novas relacionadas