Alternativa de Arteixo solicita papeleiras e un paso de peóns na avenida de Caión
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal a instalación de papeleiras e un paso de peóns na Avenida de Caión.
Os veciños e veciñas desta zona levan anos reclamando a instalación de papeleiras e tamén un paso peonil entre os números 68 e 85, xa que para cruzar a avenida neste punto teñen que correr un alto risco como consecuencia da pouca visibilidade e que moitos vehículos non respectan a velocidade máxima.