terrazas

Alternativa de Arteixo solicita unha ordenanza que regule os establecementos hostaleiros

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de Goberno que elabore unha ordenanza que regule a instalación e o funcionamento dos establecementos hostaleiros, para resolver os conflitos existentes entre veciñanza e hostaleiros.

A instalación e o uso das terrazas dos establecementos hostaleiros seguen funcionando na actualidade cunha norma provisional que non resolve uns problemas que afectan tanto á veciñanza como aos hostaleiros. A nova ordenanza segue pendente desde o ano 2013.

Para resolver estes problemas é imprescindible a elaboración e aprobación dunha ordenanza. Para a elaboración da devandita ordenanza débese contar cos hostaleiros, as entidades veciñais e con todas as formacións políticas que teñen presenza no municipio, xa que é necesario buscar o máximo consenso posible antes de proceder á súa aprobación definitiva, para que esta sexa efectiva e resolva os problemas existentes dunha vez por todas.

Doutra banda, temos a sensación de que o equipo de Goberno presidido por Calvelo, non ten a mínima intención de elaborar e aprobar esta ordenanza para poñer solución aos problemas existentes.

Novas relacionadas