1

Alternativa de Arteixo volve solicitar ao Goberno outra modificación das bases das becas comedor

Alternativa dos Veciños de Arteixo volve solicitar ao Goberno local que presente no próximo pleno outra modificación das bases que regulan as becas comedor onde quede excluída a cláusula que obriga ás familias beneficiarias a presentar facturas para demostrar que dan de comer os seus fillos na casa.

A modificación das bases que regulan as becas comedor foi aprobada no pleno extraordinario que se celebrou o pasado día 23 de abril. Esta modificación incluía unha cláusula onde as familias beneficiarias para poder pasar a recibir directamente a contía que antes da suspensión das clases o Concello abonaba á empresa que realizaba o servizo nos centros, estas debían presentar unhas facturas xustificando as compras de comida para os seus fillos e fillas.
Sorprendentemente, a citada modificación foi aprobada cos votos a favor de todos os grupos que forman parte da corporación municipal.

Por iso, Alternativa solicita ao Goberno que no pleno ordinario que celebra o día 25 de xuño presente outra modificación das bases que regulan as becas comedor, onde quede totalmente excluída esta cláusula que o seu cumprimento é totalmente inviable para as familias e, que por tanto, estas quedarían sen poder recibir a contía que xa lles foi concedida inicialmente.

A concelleira de Educación, Inés Ramos, ten outra oportunidade para rectificar e pedir desculpas a estas familias. De non ser así, este Goberno volverá demostrar unha vez máis que as súas políticas se centran en machucar aos que máis o necesitan para beneficiar aos que máis teñen.

Novas relacionadas