[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo solicita medidas drásticas para salvagardar a saúde do alumnado e do profesorado
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitou á Consellería de Educación que se revise o protocolo e adopte medidas drásticas para salvagardar a saúde do alumnado e do profesorado nos centros educativos de Arteixo.
“Atendendo a grave situación na que se atopa o municipio de Arteixo cun importante incremento de casos positivos nas últimas semanas e, onde a maioría de centros educativos do concello conta cun elevado número de casos positivos e de aulas pechadas, deberíase revisar o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia e adoptar novas medidas máis drásticas para salvagardar a saúde do alumnado e do profesorado”. Apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo.
“Esta preocupación pola actual situación que se vive nos centros educativos do municipio de Arteixo a causa do incremento de casos positivos nas aulas, tamén é compartida polas diferentes ANPAS que existen nos centros educativos. Así mesmo, numerosas nais e pais fixéronnos chegar esta preocupación. Por iso, solicitamos a Concellería de Educación que se proceda a adoptar medidas nos centros educativos do municipio de Arteixo, para lograr reducir a taxa de incidencia acumulada e salvagardar a saúde do alumnado e do profesorado”. Matiza a voceira de Alternativa en Arteixo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]