[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno municipal medidas preventivas para evitar casos de acoso entre a mocidade
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo solicitou esta mañá o equipo de goberno que se adopten medidas preventivas para evitar condutas incívicas entre a mocidade.
Despois de coñecer en profundidade o calvario de agresións que vén sufrindo desde hai varios anos no colexio e tamén na rúa unha moza Arteixá, Alternativa dos Veciños considera necesario que as diferentes administracións adopten medidas preventivas para evitar estas conductas incívicas, que mesmo as veces, poden chegar a poñer en serio risco a vida dun neno ou dunha nena.
Por iso, solicitouse o equipo de goberno, que en coordinación coa Policía Local e a Garda Civil, se extreme o control e a vixilancia nas actividades municipais e nas rúas do municipio. Especialmente naqueles puntos que habitualmente frecuenta a mocidade. Tamén, que en coordinación coa Concellería de Educación da Xunta, se impartan charlas nos colexios para previr condutas incívicas entre a mocidade.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]