Alternativa de Arteixo solicita axilizar a instalación de banda ancha ultrarrápida no municipio

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita axilizar a instalación de banda ancha ultrarrápida no municipio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao goberno municipal que negocie coas operadoras beneficiarias das axudas do estado para instalar banda ancha nas zonas rurais e de menor densidade de poboación, para coordinar e axilizar a instalación no municipio.

A maioría dos núcleos rurais do municipio de Arteixo seguen, no ano 2021, sen dispoñer de conexión a internet de alta velocidade.

O estado concedeu axudas ás operadoras (no municipio de Arteixo a Telefónica e R principalmente) para que leven a cabo a instalación de banda ancha ultrarrápida nas zonas máis rurais e de menor densidade de poboación. Pero, as operadoras beneficiarias realizan os traballos de instalación a contagotas.

“O goberno municipal debe negociar coas operadoras para axilizar a instalación de banda ancha no municipio de Arteixo. Podemos ver como noutros municipios da comarca as operadoras realizan estas instalacións con moita máis axilidade. Mesmo, nalgún municipio da comarca xa case todos os veciños teñen acceso a internet de alta velocidade.

Tamén, o concello debería participar e axudar na coordinación destes traballos, xa que algunhas veces sucede que toda unha zona queda sen este servizo só polo simple feito de que un veciño non permite o paso” apunta Noelia Martínez, Voceira de Alternativa en Arteixo

Antes da aparición da pandemia todos e todas tiñamos claro que ter acceso a internet era moi importante, pero agora o Covid-19 deixou claro, que non poder dispoñer da internet ou da internet de calidade é un grave problema, xa que mesmo non podes traballar ou estudar.

“A algúns se lles enche a boca nas campañas electorais falando do rural, pero logo están no goberno durante anos e esquécense por completo do mesmo. O futuro do rural pasa por dotalo dos servizos básicos e imprescindibles para que os seus habitantes non teñan impedimentos e poidan desenvolver a súa vida con normalidade” matiza a voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!