Alternativa solicita o arranxo da estrada que conecta o Porto de Sorrizo coa Praia do Reiro para que se volva a abrir ao tráfico

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa solicita o arranxo da estrada que conecta o Porto de Sorrizo coa Praia do Reiro para que se volva a abrir ao tráfico

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo reuniuse coa veciñanza de Sorrizo e acordaron presentar unha solicitude ao Goberno Municipal para que se arranxe e acondicione o tramo da estrada que enlaza o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro, de tal modo que teñan cabida os vehículos, os peóns e as bicicletas, xa que a decisión tomada nas últimas semanas de converter este tramo en peonil, causa numerosos problemas a residentes, veciños e visitantes.

Alternativa dos Veciños e a veciñanza de Sorrizo non comparte a decisión tomada nas últimas semanas polo Goberno Municipal, de converter en peonil o tramo de estrada que enlaza o Porto de Sorrizo e a Praia do Reiro. Se os técnicos informan que existe risco de afundimento, pois o que se debe de facer é acometer as actuacións necesarias para solucionar un problema que vén de moitos anos atrás.

“O Goberno Municipal debe realizar as xestións pertinentes para conseguir o solo necesario para poder ensanchar este tramo de estrada e que deste xeito poidan convivir no mesmo tanto os vehículos como os peóns e as bicicletas” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“Mentres non se realicen as obras e que por seguridade este tramo teña que permanecer cortado ao trafico, o concello debe estudar a modificación da localización dos sinais verticais de prohibición, xa que a situación actual non é a idónea e, como consecuencia disto, aínda se lle ocasionan máis molestias á cidadanía.

O equipo de goberno debería escoitar á cidadanía antes de tomar decisións, xa que os veciños e as veciñas teñen dereito a participar na vida política municipal e ademais son os que mellor coñecen as necesidades e demandas de cada parroquia” matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!