Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno municipal un monumento e unha homenaxe para Diego Bello

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita ao Goberno municipal un monumento e unha homenaxe para Diego Bello

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo presentará unha petición ao goberno municipal para que se instale un monumento na contorna da praia de Barrañán e se faga un acto en homenaxe a Diego Bello Lafuente, que foi asasinado a sangue frío pola Policía Filipina, na illa de Siargao o 8 de xaneiro do 2020.

Alternativa dos Veciños de Arteixo, entre outras peticións que está a presentar diante do Ministerio de Asuntos Exteriores para que España esixa ao goberno filipino que leve a cabo unha investigación e se esclarezan as verdadeiras causas que desencadearon o asasinato de Diego Bello, a próxima semana aproveitará unha reunión que manterán membros da formación en Arteixo co alcalde do municipio, Carlos Calvelo, para tratar diversos temas de melloras no municipio, para tamén presentar ao goberno municipal unha proposta para que se leve a cabo a instalación dun monumento na contorna da praia de Barrañán en homenaxe a Diego Bello.

“Alternativa dos Veciños entende que este monumento deberíase situar na contorna da praia de Barrañán, xa que é o areal onde Diego se iniciou no mundo do Surf e onde tantas horas pasou desfrutando da súa paixón. Tamén, consideramos que é a localización idónea, xa que Diego levou e falou das ondas de Barrañán polas diferentes partes do mundo nas que estivo. Que non foron poucas! E, grazas a isto, son moitos os surfeiros de todas as partes do mundo que veñen á praia de Barrañán por recomendación súa.

Entendemos que o monumento se debería compoñer da figura de Diego sobre unha táboa de surf. Temos un bo exemplo no monumento en homenaxe aos surfeiros que se sitúa na Praia do Orzán, na cidade veciña da Coruña”, apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“Por suposto, para presentar esta proposta ao goberno municipal, debiamos contar primeiramente coa aprobación da familia de Diego, por iso mantivemos contactos coa familia para explicarlle a proposta e coñecer a súa opinión. A familia agradece e apoia a iniciativa. Tamén mantivemos contactos cos xerentes da Duna Surf Club, que eran bos amigos de Diego e que comparten a paixón polo Surf, para coñecer a súa opinión sobre a mesma. Ademais de considerala positiva, tamén nos informaron de que tamén traballan nalgunhas iniciativas para homenaxear ao seu amigo Diego”, matiza Juanfran Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!