Alternativa de Arteixo solicita ao goberno municipal que se deixe de enganar ás persoas afectadas pola liña de alta tensión

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo solicita ao goberno municipal que se deixe de enganar ás persoas afectadas pola liña de alta tensión

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao goberno municipal que deixe de enganar ás persoas afectadas e que esixa á Xunta de Galicia que se arquive o proxecto de instalación dunha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Moras.

Unha empresa privada co beneplácito da Xunta de Galicia pretende instalar unha liña aérea de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Moras.

O proxecto suma uns 15 quilómetros de tendido eléctrico, nos que só un quilómetro iría soterrado. Destes quince quilómetros de tendido eléctrico de alta tensión, máis de trece quilómetros atravesan o territorio de Arteixo, afectando gravemente a numerosas parcelas e deixando a moitas vivendas expostas a radiacións e campos electromagnéticos.

“Desde o concello non se informou debidamente aos propietarios afectados, xa que en Alternativa percorremos todas as parroquias que se verían afectadas pola instalación desta liña de alta tensión e, atopámonos con centos de veciños e veciñas que non tiñan ningún coñecemento sobre este proxecto”, apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa dos Veciños en Arteixo.

“O alcalde, Carlos Calvelo, tratou de tranquilizar os ánimos dos afectados, dicindo nos medios de comunicación que estaba negociando coa empresa explotadora unha modificación do trazado. Que se estaban estudiando outras alternativas. Pero, ata o momento non temos ningunha noticia por parte da empresa que indique que esa información é certa”, matiza Noelia Martínez.

 

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!